Novas
Contido coa etiqueta .
Organización Criminal
19/11/2024 10:51
A intervención permitiu o arresto de 25 persoas, 19 en España e seis en Portugal
Os membros contaban con numerosos contactos para a saída do estupefaciente desde América do Sur e co acceso a varios aeroportos europeos
Desartellada unha organización criminal que asasinou un home en Cataluña
17/11/2024 14:58
Hai catorce detidos, entre eles, o líder da organización criminal
A rede, ao parecer, dedícase ao narcotráfico e está relacionada co cártel mexicano de Sinaloa
A vítima, un home de 46 anos, apareceu morta nun monte de Tarragona
Detido o líder dun grupo dedicado ao roubo de motos de gran cilindrada en Pontevedra
25/10/2024 16:00
A policía logrou recuperar tres vehículos e varias pezas do garaxe no que as depositaban
A organización criminal vendía as pezas no mercado de segunda man e contaba coa capacidade técnica para desactivar os sistemas de alarma e bloqueo
Detido un menor en Lugo e nove en Palma por pertencer á banda xuvenil Trinitarios baby
20/10/2024 15:57
A banda ameazaba e mesmo agredía outros menores nos arredores de centros escolares, lugares públicos e de lecer
Liberadas trece vítimas de explotación laboral que coidaban anciáns as 24 horas
20/10/2024 10:45
Detidos en Sevilla e Cádiz oito responsables dunha rede colombiana de trata de seres humanos que as tiñan ameazadas
Liberadas sete persoas retidas en "granxas humanas" para baleirarlles as súas contas bancarias
19/10/2024 11:31
Os tres detidos facíanlles asinar documentos de autorización e representación, cos que lograron comprar ata once vehículos de alta gama e diferentes inmobles
A banda buscaba persoas con problemas de adiccións e limitacións psíquicas, a maioría delas sen familia, e retíñaas en condicións infrahumanas
Detidos en Ourense tres membros dunha banda itinerante que roubaba en vivendas
14/07/2024 11:48
Atribúenlles once roubos con forza en Oviedo, Vigo e Ourense, ademais dos delitos de pertenza a organización criminal e falsidade documental
Desmantelada unha banda que vendía coches roubados en Alemaña
07/07/2024 13:06
A Garda civil prendeu dez persoas con residencia en Alcalá de Henares
Puideron vender máis de medio cento de vehículos de alta gama polos que obtiveron un beneficio de 1.700.000€
Sete detidos por introducir vehículos do Reino Unido sen autorización nun despezamento de Vilagarcía
01/07/2024 17:36
O taller recibiu máis de 5.000 vehículos sen facer a descontaminación esixida dos residuos perigosos
Ademais dos detidos, hai 5 investigados por delitos contra o medio ambiente, falsidade dos certificados, branqueo de capitais e pertenza a grupo criminal
Atopáronse nunha nave agrícola 4.000 pneumáticos, supostamente do taller investigado
A Policía Nacional desartella unha rede criminal de orixe serbia
05/05/2024 20:17
Un dos fuxitivos máis buscados por Serbia figura entre os detidos
O grupo asaltara a vivenda dun clan rival en Málaga
Tres dos detidos en Galicia na operación Vozka quedan en liberdade provisional
20/04/2024 08:43
A Garda Civil dá por desartellada a organización que fornecía motores foraborda e narcolanchas a grupos criminais do Estreito
Intervidas case 12 toneladas de ameixas en mal estado e capturadas de forma ilegal
11/04/2024 14:49
As autoridades arrestaron dúas persoas e investigaron outras sete como supostos integrantes dunha organización criminal centrada na captura do molusco
Deteñen na localidade de Salou un dos fuxitivos máis buscados pola policía francesa
25/02/2024 19:55
O detido era o xefe dunha banda criminal que controlaba o tráfico de drogas en Marsella
A policía buscábao desde marzo do 2023, cando conseguiu fuxir dunha operación policial en Francia
Cae en Valencia unha rede criminal que vendía cadáveres a 1.200 euros cada un
29/01/2024 10:24
Vendían os corpos a universidades para o seu estudo
Retiraban os cadáveres dos depósitos dos hospitais mediante a falsificación de documentos
Detido un veciño do Grove nunha operación contra o tráfico de inmigrantes e drogas
10/01/2024 11:16
O arresto produciuse en Ourense e forma parte dun total de 30 detencións
Ao abeiro da operación Ranger xa se produciron 23 rexistros domiciliarios en Almería, Málaga, Melilla, Pontevedra e O Campo de Xibraltar
Cae unha rede que introducía haxix pola costa de Almería en narcolanchas
06/01/2024 10:24
No marco da operación, denominada Eagle, as forzas de seguridade detiveron dezaoito persoas
Catro detidos na Coruña por pertencer a unha banda que obtiña permisos de conducir ilegalmente
29/12/2023 10:28
Foron detidas 18 persoas nas provincias de Madrid, A Coruña, Sevilla, Pontevedra e Murcia
A organización criminal presentábase a exames teóricos de conducir a cambio de 2.000 euros
Cae unha rede criminal dedicada a branquear cartos da trata de persoas
02/12/2023 12:18
A Policía Nacional detivo cinco persoas en Granada, Albacete e Santander
Incautouse de armas e de 130.000 euros en efectivo, ademais de bloquear 31 inmobles
Desartellada unha banda que estafou tres millóns de euros por Internet
21/10/2023 12:33
Tiñan datos de catro millóns de persoas e actuaban dende varias provincias españolas
Investigados dous homes en Galicia por contrabando de armas deportivas de gama alta
07/10/2023 12:11
A Garda Civil dá por desartellada unha rede á que se lle atribúen delitos de falsidade documental e tenza ilícita de armas
A Policía Nacional desartella dúas redes que explotaban persoal estranxeiro
30/07/2023 10:37
As vítimas traballaban en condicións infrahumanas nunha adega de Cuenca e na construción en Málaga
Nas dúas operacións detiveron un total de 23 persoas
Desarticulada unha banda internacional con presenza en Galicia e dedicada á fraude fiscal
23/02/2023 08:50
A organización, centrada en España, tiña o líder en Italia e está acusada dunha fraude de 25 millóns de euros
A Garda Civil dá por descabezada a facción máis violenta dos Latin Kings en España
20/02/2023 14:57
O líder dirixía a banda desde a prisión de Teixeiro
Estaba estruturando unha facción máis violenta, a dos Torcidos
Desmantelan cinco plantacións destinadas ao cultivo masivo de marihuana
04/12/2022 19:50
A policía detivo 14 persoas e realizou varios rexistros en pisos e naves industriais
Incautáronse de más de 4.000 plantas de marihuana e 10.000 euros en efectivo
Detidos tres integrantes dunha banda dedicada ao roubo con forza de vivendas
06/11/2022 10:11
Os arrestados cometeran asaltos nas localidades de Ames, Bergondo, Ferrol e Vilagarcía
Detidas 19 persoas na Coruña acusadas de fraudes bancarias a través da rede
15/10/2022 13:35
A Garda Civil desartellou unha organización dedicada a estafar logo de infectar equipos tecnolóxicos
Tres detidos na Coruña acusados de explotar sexualmente mulleres
06/05/2022 12:22
Na operación policial que desartellou unha rede de prostitución tamén foron detidas outras 7 persoas nas provincias de Valencia e Zaragoza
A Policía Nacional liberou oito mulleres e retidas pola rede criminal, de orixe suramericana
Detidos cinco atracadores de bancos que actuaban en Alacant e Murcia
22/01/2022 12:57
Os membros da organización criminal tiñan antecedentes en España, Italia e Bélxica
Tratan de localizar un sexto integrante da banda
Cae unha rede que estafou millón e medio de euros a 200 persoas en España por Internet
07/11/2021 10:58
Hai varias persoas detidas na Coruña e Lugo como supostos integrantes da organización